Rexenera Fest, festival internacional de arte público
O Rexenera Fest é un festival internacional de arte publico, que se celebra na vila de Carballo. Ten lugar na primavera e cunha duración dunha semana.
O festival nace en 2015 dentro do proxecto “derrubando muros con pintura”. Ten como obxectivo o de fomentar o turismo cultural e rexenerar espazos deteriorados da vila, achegando un valor engadido á paisaxe urbana.
Cada ano reúnense varios artistas da escena galega, estatal e internacional. Transforman a vila nun museo ao aire libre, no que se pode apreciar en directo o traballo dos artistas que realizan ás súas obras de forma simultánea en diferentes localizacións.
Paralelamente realízanse diversas actividades para que o público en xeral poida participar de forma activa (conferencias, clases impartidas por profesionais….etc)
Unha visita recomendada que gravamos para todos vós e que podedes ver na nosa canle de Youtube.
Thanks!