Sobre nós
Galega e YouTuberIsabel Villanueva
Ola, son Isa, galega e apaixonada da contorna dixital e do audiovisual.
O galego mola nace para darlle visibilidade ao noso idioma, para compartir as nosas tradicións, as nosas formas de facer e dicir as cousas. Reivindicamos a nosa identidade en todas as canles ao noso alcance. A través de vídeos, fotografías, textos e dos artigos que vendemos na nosa web, fomentamos o uso do galego. Queremos achegar o uso do noso idioma á contorna dixital e a todo aquel que o desexe. Coa compra e uso dos nosos artigos queremos poñer en valor o galego, ese galego de uso cotián, o de toda a vida, porque O GALEGO MOLA.